Sábado 17, chuvascos mais probables na primeira metade do día. Temperaturas en descenso

16 Xaneiro 2026

Continuaremos este sábado 17, Día de San Antón, baixo a influencia das baixas presións situadas ao norte, coa presenza dunha masa de aire frío que se manterá ao longo de toda a xornada sobre a Comunidade. Nesta situación, espérase un día de ceos parcialmente cubertos, con chuvascos máis probables na metade oeste e moi illados e ocasionais no leste. As temperaturas rexistrarán un lixeiro descenso(3 a 12 graos). O vento soprará frouxo, de compoñente sur pola mañá, xirando a noroeste pola tarde e a nordés durante a noite.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do nordés á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.