Rois vólcase con Mercedes Autrán nunha emotiva presentación literaria marcada pola música e o afecto veciñal

31 Xaneiro 2026

O Multiúsos de Rois acolleu este sábado, 31 de xaneiro, a presentación de Por unha promesa, a primeira novela de Mercedes Autrán, natural da aldea de Casas do Porto, nun acto cargado de emoción que reuniu a numerosa veciñanza, así como familiares e amizades da autora.

O encontro contou coa presenza do alcalde de Rois, Ramón Tojo, da tenente de alcalde Mercedes Basante e da concelleira Victoria Quiroga, que quixeron acompañar á escritora nunha xornada especialmente significativa. Durante o acto, o público sorprendeu a Mercedes Autrán cantándolle o “Cumpreanos feliz”, xa que a presentación coincidiu co seu aniversario, protagonizando un momento entrañable que puxo de manifesto a proximidade e o cariño da veciñanza.

O alcalde foi o encargado de abrir o acto, destacando a importancia de contar con referentes locais: “Este tipo de iniciativas son vitais para o noso desenvolvemento, porque axudan a que todas as persoas teñan modelos nos que mirarse e, especialmente, a que a cativada vexa que quen é da aldea tamén pode facer un labor importante e inspirador”, sinalou.

No transcurso da presentación interviron tamén a politóloga Marta Casal, que afondou nun dos aspectos máis singulares da novela, como é a nacionalidade surcoreana do protagonista, e o cantante Antonio Barros, gañador do programa Recantos da TVG en 2017. Barros falou e cantou ao amor como eixo vertebrador da obra, personificado na figura da nai da autora, principal fonte de inspiración que levou a Mercedes Autrán a escribir esta novela.

Ao remate do acto, as persoas asistentes puideron adquirir exemplares do libro, que foron asinados pola autora, e compartir un momento de convivencia arredor duns petiscos, pechando así unha mañá cultural marcada pola proximidade, o recoñecemento ao talento local e a participación veciñal.

Con esta iniciativa, o Concello de Rois reafirma o seu compromiso coa promoción da cultura e co apoio ao talento do municipio, favorecendo espazos de encontro que fortalecen a vida cultural e social da localidade.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.