O Concello de Rianxo aprobou o calendario fiscal para o exercicio 2026, que inclúe, entre as súas principais “novidades”, o aprazamento do Imposto de Bens Inmóbeis (IBI) para facilitar á veciñanza o remate do verán, a coñecida como “a costa de setembro”.
“Como xa fixemos o ano pasado, e en atención á solicitude de moitos veciños e veciñas, adiamos un mes a data de dobre dos recibos domiciliados do IBIT”, explicou o alcalde Julián Bustelo, engadindo que “estes cargaranse entre o 1 e o 3 de outubro e non a comezos de setembro como se viña facendo”. Nos primeiros días de setembro as familias rianxeiras teñen que afrontar moitos gastos derivados, entre outras cousas, da volta ao colexio, apuntou o rexedor.





