Rianxo comeza o ano cunha manchea de celebracións encadradas no Ano Castelao 2026

08 Xaneiro 2026

O Concello de Rianxo, a través da Área de Cultura que dirixe Julio Alcalde, presentou ao completo a axenda dos Actos Castelao programados para este mes de xaneiro, coincidindo coas celebracións do 76 cabodano do falecemento do ilustre escritor, artista e político rianxeiro. As actividades abranguerán todo o mes, comezando o venres 16 cun recital de música a cargo de Francisco Castro. Haberá tamén representacións teatrais, exposicións, faladoiros, charlas, lecturas de escolares, ofrendas florais e presentacións de libros, co Auditorio Municipal funcionando como epicentro das celebracións e das homenaxes.

-Venres 16/01, 21:00, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro).

MÚSICA: Recital Francisco Castro: Homenaxe a Castelao.

-Sábado 17/01, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro).

TEATRO: Criaturas a cargo do Grupo Municipal de Teatro de Ribeira, ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña – Programa Alicerce.

-Venres 23/01, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio (primeiro andar).

MESA REDONDA: Castelao: tres efemérides para o 2026, a cargo de Francisco Fernández Rei (académico da RAG e catedrático da USC), Emilio Xosé Insua (escritor e profesor), Miguel Anxo Seixas (historiador e biógrafo de Castelao), presentados por Julián Bustelo (alcalde de Rianxo).

Sábado 24/01, 12:30, Centro Sociocultural-Auditorio (primeiro andar)

CHARLA PARTICIPATIVA: A derradeira leición do mestre: como se constrúen as narrativas da memoria? A cargo de Xesús Ron (grupo Chévere).

Sábado 24/01, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro)

TEATRO MUSICAL: Un ollo de vidro, de Castelao, adaptado pola Coral Solfa e A.C. O Galo.

-Venres 30/01, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro)

LIBROS: Presentación do libro Sanshô-Dôei, de Eihei Dôgen (永 平道元), edición xaponés-francés-galego, coa participación de Manuel Cartea (tradutor da versión en galego), Doroteo Arnáiz (ilustrador), María Xesús Blanco (presidenta de Barbantia), Valentín García (secretario xeral de Política Lingüística) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo). Intervención artística a cargo de Jontxu Argibay (talla). Introdución e peche musical a cargo da Escola de Música de Rianxo.

-Sábado 31/01, 12:00, Paseo da Ribeira (busto de Castelao)

Ofrenda floral e intervención de autoridades.

-Sábado 31/01, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio (primeiro andar)

LECTURAS: Lecturas dunha selección de textos do alumnado do IES Félix Muriel, participante no certame literario Un verán con Castelao, de Nós Diario. Participarán Sofía Rama (docente do IES Félix Muriel), Xosé Ricardo Losada (escritor e docente do IES Félix Muriel), Xoán Costa (presidente do Consello de Administración de Nós Diario) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo).

-Exposición Cousas da vida por Castelao (almanaque Faro de Vigo) no fondo Roberto Taboada Rivadulla, primeira proposta dos Actos Castelao 2026.

DURACIÓN: do sábado 20 de decembro ao sábado 31 de xaneiro

HORARIO: mañás de luns a sábado de 10.30 a 13.30 h. Tardes de martes a sábado de 17.00 a 20.00 horas

LUGAR: sala de exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.