Proseguen en Noia os traballos de limpeza en Orro, Eiroa e Pedrachán

14 Xaneiro 2026

O Concello de Noia retomou o programa Limpamos Noia! con novos traballos de acondicionamento e adecentamento en estradas e infraestruturas, destinados non só a mellorar o aspecto das mesmas senón tamén a seguridade e a funcionalidade. “O noso obxectivo é seguir coidando e mellorando os espazos do noso concello, tanto no centro como nas parroquias”, informan dende o Goberno local.

Dende a semana pasada, os traballos estanse a desenvolver na zona de Orro e Eiroa, onde se están a levar a cabo tarefas de limpeza, mellora e adecentamento de distintos espazos.

Durante estes días, tamén se realizaron actuacións de limpeza na zona da Pedrachán

Unha vez rematada esta actuación, o programa desprazarase ata A Barquiña, dando continuidade “ao compromiso do Goberno local cunha Noia máis limpa e coidada”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.