Portos de Galicia autoriza á Confraría de Rianxo a xestión da lonxa cunha bonificación de taxas do 90%

30 Xaneiro 2026

Portos de Galicia outorgou unha autorización administrativa a favor da Confraría de Pescadores de Rianxo para a xestión do edificio da lonxa da localidade. A autorización ten carácter transitorio namentres a entidade profesional tramita unha nova concesión para este fin.

O título administrativo outorgado á confraría contempla a aplicación do artigo 40 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. En base a el contempla unha bonificación do 90% das taxas por ocupación de dominio público dada a actividade de lonxa no inmoble de titularidade de Portos de Galicia.

O edificio conta con 1.400 metros cadrados distribuídos en dúas plantas e a autorización ten unha vixencia máxima de 4 anos. Este título dá cobertura ao desenvolvemento da actividade de lonxa no inmoble durante o período de tramitación da nova concesión que se iniciou esta mesma semana para prorrogar a actividade que se viña desenvolvendo no edificio e cuxa concesión anterior está vencida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.