Parte de Santiago a escuras polo temporal Ingrid

22 Xaneiro 2026

As interrupcións afectaron a amplas áreas da cidade, como o Restollal, Praza de Galicia, República Arxentina, Pontepedriña, Os Tilos ou a Avenida de Vilagarcía, ademais de concellos próximos como Teo. O impacto foi especialmente visible no centro urbano, onde comercios e locais de hostalaría quedaron ás escuras en pleno horario punta.

D.S.

Santiago volveu vivir este xoves unha tarde marcada por apagóns encadeados que devolveron aos veciños a sensación de incerteza de episodios anteriores.

Segundo informa Diario de Santiago, as incidencias comezaron arredor das 20.00 horas, en pleno momento de máxima actividade, cando o subministro eléctrico empezou a fallar de maneira repetida en distintos puntos da cidade e da súa contorna.

Os cortes producíronse coincidindo co forte temporal provocado pola borrasca Ingrid, con vento intenso e choivas persistentes. Segundo fontes de Naturgy, a causa é unha avaría aínda sen localizar, mentres os equipos técnicos continúan traballando para restablecer o servizo.

O balance oficial sitúa en preto de 3.000 os clientes afectados, aínda que veciños de diferentes barrios aseguran que o número podería ser maior, xa que en moitas zonas o subministro cortouse e regresou varias veces ao longo da tarde. En numerosos puntos, horas despois, a electricidade aínda non se recuperara de forma estable.

As interrupcións afectaron a amplas áreas da cidade, como o Restollal, Praza de Galicia, República Arxentina, Pontepedriña, Os Tilos ou a Avenida de Vilagarcía, ademais de concellos próximos como Teo. O impacto foi especialmente visible no centro urbano, onde comercios e locais de hostalaría quedaron ás escuras en pleno horario punta.

A natureza irregular dos apagóns provocou problemas adicionais en ascensores, alarmas, calefaccións e conexións a internet, mantendo a miles de persoas pendentes dunha solución definitiva á avaría.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.