Outes avanza na conservación do río Tins cun grande acordo de custodia fluvial e cunha xornada de traballo fixada para 6 de febreiro

28 Xaneiro 2026

Logo de tres anos de andadura do proxecto ReNatur_Outes, as entidades promotoras e a veciñanza de Outes séntanse para mirar atrás, rever os logros desta iniciativa para a recuperación ambiental do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano, e trazar unha folla de ruta para continuar avanzando na conservación, restauración e posta en valor do río Tins e a súa conca fluvial. Este será o fío temático unha xornada que estaba prevista para o venres 30 de xaneiro pero que tivo que ser adiada, por climatoloxía adversa, ata o venres 6 de febreiro, comezando ás 16.00 horas na Casa da Cultura da Serra de Outes.

Logo dun café de benvida, farase unha visita á zona de ribeira, onde se inaugurará o bosque comestíbel e varios paneis interpretativos que explican a importancia do río e os resultados do proxecto nestes últimos anos.

Dende o proxecto ReNatur_Outes lembran que “precisamente o bosque comestíbel, unha plantación de variedades locais de fronteiras, foi unha proposta da veciñanza expresada nas sesións de gobernanza cidadá”.

A partir das 18:00, xa de volta na Casa da Cultura, celebrarase a última sesión de gobernanza do proxecto, que finaliza a finais de marzo. Nunha primeira parte as distintas entidades do proxecto (Concello de Outes, universidades da Coruña, Santiago e Vigo, Fundación CEER e Fundación Montescola) ofrecerán unha panorámica dos logros dos tres últimos anos. A seguir, convidarase a todas as presentes a trazar unha folla de ruta para os próximos 5 anos e a definir un marco de cooperación para a súa posta en práctica.

Acordo de custodia fluvial

A sesión pretende consensuar un grande acordo de custodia fluvial para o río Tins que, partindo da Declaración de Dereitos do río Tins e os compromisos da súa comunidade ribeirá aprobada por unanimidade en febreiro de 2024, permita continuar no tempo coas accións de restauración e xestión do espazo fluvial e da súa contorna.

O acordo será o primeiro das súas características na comarca, establecendo ademais un Consello Fluvial do río Tins, do que non só farían parte as 6 entidades asinantes mais que estará tamén aberto á participación da cidadanía e tecido asociativo de Outes. O acordo pretende definir as responsabilidade de cada entidade e os xeitos nos que se implicará á veciñanza na consecución dos obxectivos ata 2031.

Inscrición gratuita e aberta

A participación no evento é aberta a todo o público mais solicítase inscrición previa, pois ao final da sesión ofreceranse uns petiscos de despedida. Pódese confirmar presenza enviando un correo electrónico a info@montescola.org ou presencialmente na Casa do Concello de Outes.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.