Os Reis Magos vanse de xira este domingo pola tarde polas parroquias de Rianxo

04 Xaneiro 2026

Este domingo 4 de xaneiro, As Súas Maxestades os Reis Magos van facer unha incursión en Rianxo para visitar, de xira, todas as parroquias do concello e levar a ilusión a todos os recunchos do municipio. “Esta tarde as Súas Maxestades visitarán os centros culturais das parroquias, para poder atender un a un aos nenos e nenas que se acheguen a trasladarlles os seus desexos”, informou o Concello, compartindo a folla de ruta da visita.

Percorridos e horarios:

16.00 – Taragoña · Centro Cultural de Taragoña.

17.00 – Araño · Centro Cultural A Capela.

18.00 – Isorna · Casa da República.

19.00 – Leiro · Centro Cultural Vicente Vidal.

20.00 – Asados · Escolas Vellas da Atalaia.

Mañá, luns 5 de xaneiro a partir das 17:30 horas, chegada dos Reis Magos a Rianxo e tradicional recepción.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.