Este luns 5 de xaneiro Noia vai ser novamente unha festa coa recepción e cabalgata dos Reis Magos, actividades que porán o broche final o programa de actividades de Nadal impulsadas polo Concello.
Ás 17:00 h, As Súas Maxestades de Oriente sairán da Barquiña e percorreran as rúas da vila de Noia.
Será unha Cabalgata de Reis inclusiva, xa que, segundo informou o Concello, os paxes comprometéronse a realizar un treito silencioso ao seu paso polo malecón de Gasset, para que todos os nenos e nenas poidan gozar do momento.
Unha vez rematada a cabalgata, os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas que así o queiran na Alameda.
O Concello compartiu o percorrido real nas redes para que sexa tido en conta por veciños e visitantes.




