O sábado 17 celébrase unha xornada de voluntariado ambiental en Leiro (Rianxo) no marco da exposición do Laboratorio Ecosocial do Barbanza

09 Xaneiro 2026

O monte veciñal de Leiro acolle o sábado 17 de xaneiro unha nova xornada de voluntariado ambiental promovida polo Laboratorio Ecosocial do Barbanza, centrada na eliminación de especies invasoras e na mellora ecolóxica dos montes comunais. A actividade forma parte da programación vinculada á exposición do proxecto e está aberta á participación da cidadanía.

A xornada desenvolverase entre as 10:00 e as 14:00 horas, con punto de encontro no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, Rianxo, e conta coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Leiro e da Plataforma pola Defensa do Monte. A organización corre a cargo da Fundación Montescola, entidade responsábel das accións de voluntariado ambiental no marco do Laboratorio.

Ao longo do desenvolvemento do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, máis de 600 persoas voluntarias participaron en máis de 20 xornadas de voluntariado ambiental, contribuíndo á eliminación de especies invasoras, á plantación de frondosas autóctonas e á recuperación de patrimonio natural e cultural. Estas accións reforzan a implicación da comunidade nos procesos de restauración ecolóxica e fomentan unha cultura de corresponsabilidade e interese polo voluntariado ambiental a longo prazo.

A actividade está aberta a todos os públicos e, ao rematar a xornada, ofrecerase un xantar de albaroque ás persoas participantes. As inscricións poden realizarse ata o mércores 14 a través do correo info@montescola.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.