O Programa Integrado de Emprego de Ribeira forma a 15 persoas en manipulación de alimentos

21 Xaneiro 2026

Un total de 15 persoas remataron o curso de manipulación de alimentos dentro da terceira edición do Programa Integrado de Emprego de Ribeira. A concelleira de Promoción Económica e Emprego, Carmen Pérez, asistiu este martes 20 de xaneiro á entrega de diplomas aos participantes. Ademais, nesta semana iníciase a formación básica en hixiene alimentaria e continúase co de manexo de carretilla.

“Seguimos coa aposta na formación como mecanismo para a capacitación e posterior entrada ao mundo laboral. Se a semana pasada comezábamos co de carretilla, nestes días despedimos o de manipulación de alimentos e daremos a benvida ao de hixiene alimentaria. Diferentes cursos para os perfís profesionais que buscan as empresas e adaptándose á demanda das persoas participantes no Programa Integrado de Emprego”, indicou a edil.

O Programa Integrado de Emprego, compromiso de inserción laboral do 45%

O Programa Integrado de Emprego de Ribeira conta coa participación dun cento de persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e residentes nos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Porto do Son, cun compromiso de inserción laboral do 45%.

Ao longo de doce meses reciben orientación, formación e intermediación laboral baseada nunha metodoloxía que combina a parte expositiva coas dinámicas de grupo, buscando adaptarse ás necesidades e utilizando as novas tecnoloxías para favorecer a comunicación e a conciliación, así como o desenvolvemento de habilidades para a busca de emprego.

O Programa Integrado de Emprego 2025-2026 está promovido polo Concello de Ribeira e subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.