O Museo do Gravado de Artes inaugura os actos do seu 25 aniversario cunha mostra de Rosa García: “Relatos do habitado”

07 Xaneiro 2026

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) está a preparar unha nova exposición: Relatos do habitado, da viguesa Rosa García, cuxa inauguración celebrarase o sábado 10 de xaneiro ás 12.30 h na sala 2 do Museo. Segundo informou o director do mesmo, Pastor Rodríguez, coa apertura desta exposición dáse comezo aos actos de celebración do 25 aniversario (2001-2026) da Fundación do Museo do Gravado.

Rosa García: Relatos do habitado

A artista Rosa García fainos reflexionar coa súa exposición sobre o espazo, que se converte en lugar pola mirada humana, por habitalo, deshabitalo e tamén cohabitalo.

Pastor Rodríguez sinala que as tres series incluídas na mostra enfrontan ao espectador a diferentes vertentes do espazo. En Impares teremos que encarar as outras formas de habitar un espazo dende as diásporas sociais, o aniñamento que nos protexe, que nos permite habitar o deshabitado, conservar a memoria, enraizarnos. Facer un refuxio da nada, lograr un construto para a pertenza.

A serie Domus Domina fainos pensar na profunda relación entre a muller e a casa, nun diálogo entre o corpo e o espazo, no que a muller ordena, reescribir o íntimo e procura asentar a intimidade. A casa como icona, do compartir, da espera, da responsabilidade.

Canto á terceira serie, Bosques e Mareas, lévanos á reflexión sobre a memoria, sobre o tempo, sobre a inestabilidade e sobre o espazo convertido en paisaxe que constrúe un territorio e a memoria vai modelando no seu movemento, desacordar e lembrar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.