O III Trail e Andaina Montes de Rois celebrarase este domingo 11 de xaneiro cun percorrido renovado

10 Xaneiro 2026

O III Trail e Andaina Montes de Rois, celebrase este domingo 11 de xaneiro de 2026 con saída e chegada no polideportivo municipal de Rois. A proba, organizada polo Concello de Rois, presenta nesta terceira edición cun percorrido completamente modificado para que as persoas participantes poidan descubrir novas paraxes naturais do municipio.

O novo itinerario pasará por Infesta, Casas do Porto e Buxán, e incluirá o ascenso por parte do monte Treito, un dos puntos máis emblemáticos da contorna. Ademais, discorrerá pola Ruta das Penicias, unha fermosa senda que amosa a riqueza natural e patrimonial de Rois.

Como xa é habitual, a proba contará con tres modalidades de participación:

-Trail longo (20 km, 815 m de desnivel positivo), con saída ás 10.00 h.

-Trail curto (13 km, 420 m de desnivel positivo), con saída ás 10.00 h.

-Andaina (13 km, 420 m de desnivel positivo), con saída ás 10.05 h.

O percorrido da andaina e do trail curto será o mesmo, mentres que o trail longo ofrecerá un reto máis esixente para as persoas afeccionadas ao trail running.

Durante a proba, as persoas participantes disporán de dous avituallamentos en ruta no trail longo e de un no trail curto e na andaina, así como duns petiscos á chegada no polideportivo de Rois. Todas as persoas inscritas recibirán tamén un agasallo conmemorativo e entrarán no sorteo dun par de zapatillas de trekking en cada modalidade (longo, curto e andaina).

As inscricións abriranse o venres 14 de novembro ás 22.00 horas na plataforma www.emesports.es. Todas aquelas persoas que queiran teñen de prazo para anotarse ata o mércores 7 de xaneiro ás 22.00 h.

Atendendo as datas de inscrición, establécense dous tramos con prezos diferenciados:

• Primeiro tramo: do venres 14 de novembro ás 22.00 h ao luns 15 de decembro ás 00.00 h

◦ Trail longo: 15 €

◦ Trail curto: 12 €

◦ Andaina: 10 €

• Segundo tramo: do martes 16 de decembro ás 00.01 h ao mércores 7 de xaneiro ás 22.00 h

◦ Trail longo: 18 €

◦ Trail curto: 15 €

◦ Andaina: 12 €

As persoas gañadoras da categoría xeral masculina e feminina da edición 2025 terán a inscrición de balde.

En canto ás condicións de participación, no trail longo e no trail curto só poderán inscribirse persoas maiores de idade, cun máximo de 200 participantes por modalidade. Na andaina, non competitiva, poderán participar camiñantes a partir dos 8 anos, tendo en conta que os menores de idades deberán ir na compaña dunha persoa adulta. A inscrición dos menores na andaina é gratuíta e o límite de participación queda fixado en 300 persoas.

As probas competitivas, trail longo e curto, contarán cun total de seis categorías: xeral, sénior (ata 39 anos cumpridos o día da proba), veterano A (de 40 a 49 anos), veterano B (máis de 50 anos), por equipos e local. Levarán premios os primeiros tres clasificados en xeral, sénior e veterano, tanto en homes como en mulleres, así como os tres mellores equipos e o home e a muller empadroados en Rois que atravesen a meta en primeiro lugar. Os trofeos non serán acumulativos.

A recollida de dorsais efectuarase entre ás 8.00 e as 93.0 horas o mesmo día da proba no polideportivo de Rois. As persoas participantes deberán estar equipadas con manta térmica, cortaventos, chifre, teléfono e líquidos para hidratación.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Multitúsos de Rois, chamando ao teléfono 981 816 061 ou escribindo ao correo electrónico deportes@rois.gal.

A terceira edición do Trail e Andaina Montes de Rois está organizada polo Concello de Rois e conta coa colaboración da Deputación da Coruña, Abanca, Agronovo Rois, Froiz, Panadería San José, Gadis, Agroesparis, Alimentación Marga e Casa Ferrerós.

As bases poden consultarse en www.emestports.es.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.