O Elma acolle neste arrinque de ano unha nova edición da Mostra de Teatro da Pobra

14 Xaneiro 2026

A concelleira de Cultura da Pobra, Patricia Lojo, presentou este mércores 14 de xaneiro a axenda Mostra de Teatro local, un programa que se desenvolve estes meses de xaneiro e febreiro no Cine Elma, e que, segundo a edil, responde “á nosa intención de seguir ofrecendo aos veciños e veciñas unha programación cultural de calidade, con propostas de distintas disciplinas e ao longo de todo o ano”.

Durante a súa intervención, a edil apuntou a actividade congrega “un amplo número de espectadores edición tras edición, o que confirma o asentamento desta iniciativa”.

A primeira función será este domingo, 18 de xaneiro, con O caso do cadáver asasinado, de Teatro do Asteleiro, protagonizada polo comisario Puertas, que está a investigar a estraña morte do Marqués de Fonseca no seu domicilio. Ao terse atopado unhas notas manuscritas de suicidio, todo parece estar resolto. Porén, o ambiente existente e as cousas que suceden na casa da vítima fan sospeitar ao investigador. A función farase como parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A programación continuará unha semana despois, o domingo 25 de xaneiro, con Terapia de grupo, da Asociación Cultural Quemaisten Teatro. A historia está ambientada nunha sala de espera dunha prestixiosa doutora especialista en enfermidades de desorde obsesivo compulsivo. Na función, o público poderá coñecer aos distintos pacientes que chegarán á consulta da médica para ser tratados polas súas respectivas afeccións. A función farase como parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Calendario de febreiro

A Pobra inaugurará o mes de febreiro coa representación de A noiva cadáver, a cargo de Teatro das Maniotas do IES de Brión (domingo, 1 de febreiro). O elenco contará a historia de Emily, que foi asasinada a mans do seu prometido, Lord Barkis. A alma da moza queda atrapada no mundo dos mortos ata que o protagonista, Víctor, casa accidentalmente con ela. Nun xesto de amor incondicional, Víctor decide liberala para poida descansar en paz.

A Mostra de Teatro pecharase o 8 de febreiro con Profetas, de Ítaca Teatro. A función relata a historia dun home e unha muller que se reencontran e tratan de recompoñer as lembranzas do que foi a súa relación: os soños que compartiron, os medos que a truncaron, as ficcións que crearon e as cidades onde se imaxinaron xuntos. A obra conseguiu o 16º Premio Abrente da MIT Ribadavia no ano 2021.

Todas as representacións terán lugar os domingos, ás 19.00 horas no Teatro Cine Elma. O acceso ás distintas actividades é de balde ata completar a capacidade da instalación municipal.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...