O Concello de Rianxo mobiliza 800.000 euros para a mellora dos servizos municipais nos núcleos

27 Xaneiro 2026

O Concello de Rianxo, a través do alcalde Julián Bustelo vén de achegar un pequeno balance dos proxectos impulsados co final de 2025 e co inicio de 2026, proxectos que mobilizan case 800.000 euros en obras. Trátase en termos xerais de traballos para a mellora dos servizos municipais en diferentes aldeas que se levarán a cabo nos vindeiros meses, segundo confirmou o rexedor.

O Concello rematou 2025 coa adxudicación de tres importantes obras que se executarán en datas vindeiras: a segunda fase do proxecto para a dotación de redes de abastecemento e saneamento en Vilas (Asados), por un importe de 194.386,50 euros; a ampliación das redes de abastecemento e saneamento en Meiquiz e Or (Leiro) cun investimento de 208.785,50€; e máis a renovación completa do firme da vía de acceso ao Montiño dende a DP-7203 (Taragoña), por un importe de 102.952,85€.

Ao longo desta semana o Concello outro par de actuacións:

-Ampliación das redes de abastecemento e saneamento en Villanustre (Asados) – 194.386,50€.

-Proxecto de ampliación da rede de abastecemento d auga entre Corques e Outeiro (Taragoña) – 90.713,70€.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.