O Concello de Muros renova o pavimento e a rede de servizos públicos da rúa Real de Muros cun investimento de 240.000 euros

28 Xaneiro 2026

O Concello de Muros comezou hai uns días a segunda fase das obras de humanización e renovación integral da rúa Real, uns traballos que contan cun orzamento de máis de 238.000 euros.

“Trátase dun proxecto importante que da resposta ás demandas da veciñanza; a rúa Real necesitaba estas obras de mellora no seu firme e os servizos, unha actuación que se fará respectando a contorna e as características do casco histórico”, explica a alcaldesa, María Lago.

Pola súa banda, a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, engade que “a renovación dos servizos incluirá a rede de saneamento, abastecemento, alumeado público, canalización e rede de telecomunicacións”.

Polo que respecta á pavimentación, e tendo en conta os criterios do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico de Muros, optouse por unha combinación de lousa de granito con lastras (adoquíns) do mesmo material.

Todos os traballos levaranse a cabo, como outras actuacións similares nesta zona do concello, dándolle prioridade á sostibilidade, a facilidade de mantemento posterior, alta calidade dos materiais, criterios de seguridade e posta en valor do patrimonio histórico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.