O Concello de Boiro cede á Asociación Ambar un dos inmóbeis das antigas vivendas dos mestres de Praia Xardín

28 Xaneiro 2026

O Concello de Boiro e a Asociación Ambar veñen de formalizar un convenio de cesión dun dos inmóbeis das antigas casas dos mestres de Praia Xardín para a creación dun ecosistema de vivendas inclusivas. O alcalde, José Ramón Romero, fixo entrega das chaves a Milagros Rey, presidenta da Asociación Ambar, este mércores 28 de xaneiro.

O proxecto que se pretende levar a cabo neste inmóbel é a súa rehabilitación por parte da entidade para crear un ecosistema de vivendas inclusivas e servizo de apoio á vida en comunidade, explicou o Concello, engadindo que “buscamos crear vivendas onde se preste servizo ás distintas necesidades de apoio detectadas nos últimos anos en persoas con diversidade”.

“Poremos a funcionar neste inmóbel un servizo que as familias levan demandando anos, vivendas necesarias para emerxencia, transición ou para esas persoas que precisan aprender a vivir soas”, recoñeceu Milagros Rey, presidenta da asociación inclusiva do Barbanza (Ambar).

O espazo contará con vivendas permanentes para aqueles casos nos que a persoa coidadora principal non poida exercer esa función por enfermidade ou falecemento; vivendas temporais para coidados de 24h durante enfermidade ou emerxencia da persoa coidadora principal; ou vivendas temporais no caso de que a persoa se independice da unidade familiar de orixe.

Este proxecto súmase ao que xa está a levar a cabo AGADEA destinado ao benestar e coidado das persoas maiores con demencia, recuperando así unha zona que se atopaba degradada nun espazo para usos sociais.

O alcalde felicitou a Ambar polo proxecto que van a levar a cabo neste inmoble “e que contribúe a dar unha segunda vida a estes inmóbeis cun uso social moi necesario e imos seguir traballando por humanizar a zona”, afirmou o alcalde.

Mediante este convenio o Concello de Boiro cede á Asociación Ambar este local por 50 anos para levar a cabo o proxecto de rehabilitación. Para iso a entidade vai levar a cabo un investimento de 998.930’63 euros para adecuar as instalacións ao seu novo uso.

Algo máis que unha infraestrutura residencial

Dende Ambar destacaron que “este novo espazo non nace simplemente como unha infraestrutura residencial, senón como un fogar deseñado para garantir o benestar, a dignidade e a plena autonomía das persoas con diversidade funcional”. O proxecto fundaméntase no modelo de vivendas inclusivas, permitindo que as persoas usuarias poidan desenvolver o seu proxecto de vida na comunidade e nunha contorna privilexiada.

Dende a confederación galega COGAMI tamén amosaron o seu orgullo polas Vivendas Inclusivas de Ambar. No acto de entrega de hoxe estivo presente o sonense Anxo Queiruga, quen achegou o seu agradecemento á Administración local: “Grazas ao Concello de Boiro por ceder estas instalacións a Ambar para un proxecto que é completamente necesario, como dicía Milagros xa o veñen reivindicando as familias pero sobre todo é necesario para que as persoas con diversidade se desenvolvan como persoas autónomas en comunidade”, afirmou o presidente de COGAMI.

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.