O Centro Social de Outes vai acoller novos obradoiros para elaboración de sancosmeiros, con grupos de iniciación e perfeccionamento para entre 10 e 15 persoas participantes. Desenvolveranse dende o sábado 7 de febreiro ata o 28 de marzo (8 sábados), en horario de mañá: de 10.30 a 12.30 horas. As inscricións cómpre facelas no Centro Social dende o 21 de xaneiro ata o 5 de febreiro.
Para quen non o saiba, o sancosmeiro é o sombreiro tradicional da comarca noiesa (e tamén da Barcala, do Xallas e de varias zonas do Barbanza e Sar), feito con palla, de aba ancha e copa baixa con cinta negra, moi indicado para protexer ás usuarias do sol durante os traballos




