O CEIPP de Cabo acolle o vindeiro martes unha charla sobre dislexia e outros trastornos asociados

09 Xaneiro 2026

O vindeiro martes 13 de xaneiro celebrarase unha charla sobre Dislexia e trastornos asociados na biblioteca do CEIPP Santa María do Castro en Cabo de Cruz, Boiro. As relatoras serán 2 persoas especialistas no tema da Asociación Galega de Dislexia AGADIX. Será unha charla informal e aberta dirixida a familias e a calquera persoa interesada no tema. A duración será de 2 horas (17 a 19h.).

AGADIX está conformada por un grupo de persoas sensibilizadas co tema da dislexia. O obxectivo é “informar e asesorar sobre dislexia, sensibilizar e concienciar da relación entre este trastorno da aprendizaxe e o fracaso escolar a todos os profesionais involucrados na educación, sensibilizar aos poderes públicos e promover a investigación neste eido”.

Dende a Asociación Galega de Dislexia son conscientes da escasa información práctica que existe sobre a dislexia en todos os ámbitos, polo que queren facer chegar aos profesores e profesoras que acollen nas súas aulas nenos con esta dificultade, esta información, para axudalos a afrontar este problema e que eles poidan axudar aos nosos nenos e nenas no seu difícil camiño pola etapa escolar.

A entidade lembra que “o termo dislexia é controvertido, non contando na actualidade cunha definición universalmente aceptada, aínda que si hai certo consenso por parte da comunidade científica que se ocupa do tema en considerar a dislexia como un trastorno específico e persistente da linguaxe escrita, caracterizado principalmente por dificultades na exactitude e automatización lectora e escritora; de aí que moitas veces se utilice a etiqueta conxunta dislexia – disortografía”.

Pódese manifestar en diversos graos, ocasionando unha incapacidade total ou parcial para ler e escribir ao longo da vida.

É unha dificultade conxénita, hereditaria, que non pode ser explicada por deficiencias visuais ou auditivas, por trastornos emocionais ou condutuais, por atraso mental, nin por situacións educativas “anormais” (como ausencias prolongadas ou repetidas ás clases, metodoloxía de ensino inapropiado, cambios frecuentes de profesores ou centros …).

O centro educativo de Cabo leva promovendo este tipo de accións grazas á axuda do centro autonómico de formación e innovación de Santiago de Compostela (CAFI). O ano pasado os profesionais do centro formáronse na atención educativa do alumnado con TDAH e este curso están recibindo formación especializada e específica de dislexia e discalculia.

O alumnado xa participou tamén nun obradoiro práctico sobre técnicas de estudo e mellora da comprensión lectora co enfoque dunha profesional da dita asociación.

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.