O Auditorio de Muros comeza o ano con oito espectáculos de primeira

13 Xaneiro 2026

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros presentou a programación de artes escénicas do primeiro semestre de 2026. Fíxoo a través da concelleira Caridad González, quen sinalou que o centro cultural acollerá unha completa programación de artes escénicas que combina teatro, comedia, monólogo, maxia, circo e propostas familiares, cun total de oito espectáculos entre os meses de xaneiro e abril.

A programación arrinca o sábado 24 de xaneiro coa estrea de Os dous de sempre, de Producións Teatrais Excéntricas, e inclúe nomes destacados da escena galega como Carlos Blanco, Quico Cadaval, Mofa e Befa, Iria Pinheiro ou compañías como Pistacatro, xunto a propostas de maxia, improvisación e circo para todos os públicos.

Dende a Concellería de Cultura, Caridad González sinala que “esta programación mostra a vontade do Concello de Muros de manter unha oferta cultural estable, diversa e de calidade, que combine grandes nomes das artes escénicas galegas con propostas innovadoras e espectáculos para o público familiar”.

A concelleira destacou ademais “a importancia de seguir consolidando o auditorio como un espazo de referencia cultural, con programación regular e accesible todo o ano”.

As funcións celebraranse maioritariamente os sábados, con horarios adaptados segundo o público, e cun prezo das entradas que oscila entre os 3 e os 5 euros, mantendo unha aposta clara pola accesibilidade cultural.

As entradas para o primeiro espectáculo, Os dous de sempre, de Producións Teatrais Excéntricas (Mofa e Befa), xa están á venda.🎟

Poden adquirirse preferentemente a través da billeteira electrónica do Concello de Muros, así como nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros ou no despacho de billetes do auditorio unha hora antes do comezo de cada espectáculo.

Logo de Os dous de sempre, a seguinte cita será o 7 de febreiro: El profesor Bromera, a cargo da compañía MelaBuffa, ás 18.00 horas. A axenda prosegue o sábado 28 con Vitória, de Iria Pinheiro (ás 20.30 horas) e, xa en marzo, continúa con A penúltima de Carlos Blanco (o día 14 ás 20.30h) e co espectáculo Galerock & Magic, a cargo do Mago Teto (ás 18.00 horas do día 28 de marzo).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.