“Non con bandos, si con causas: O monte ten as súas” – Antón Luaces

03 Xaneiro 2026

Pode semellar que o papel desempeñado ata o de agora polos galegos a respecto dos montes e o aproveitamento que deles tirou o pobo, non é outra cousa que a probatura dun círculo que alguén trazou para determinar se as propiedades adquiridas ou herdadas -caso dos montes nos que un día se cavaba a roza coa picaraña e queimaban os terróns após arrincar as cañotas dos toxos cortados coa fouce- eran ou non válidas para rendibilizar o traballo realizado.

Caeron na conta de que o trigo da roza era un complemento do millo, a pataca, o trigo, a avea, etc., sementados, amontoados, arados, nalgúns casos regados, que producían as leiras co mesmo traballo e, en moitas ocasións, ao pé da casa, sen necesidade de máis ou menos longos percorridos por camiños e corredoiras angostas, axuda de familiares e veciños e moitas horas de labor. Non se acadaba o rendemento económico necesario na Galicia da posguerra civil e chegou a hora de experimentar coa masiva plantación de eucaliptos e pinos, algo que xa en tempos moi anteriores tentaron facer os devanceiros. 

Así morreu a Galicia arborícola na que moitos abeiraban soutos, fragas, devesas, que convidaban a explorar un mundo que era un tesouro natural dunha terra que conservaba bosques atlánticos de ribeira considerados os mellor conservados de Europa. Por exemplo, as Fragas do Eume, as de Catasós, Cecebre, Marronda, as faias de Pintinidoira, Fonteformosa, o Bosque Encantado de Aldán, a devesa de Nimo, as reboleiras do Navea, a devesa de Rogueira, o bosque dos Grobos, o boque ae Fervenza, o monte Aloia, o teixadal de Casaio, o bidueiral de Gabí, os soutos de Rozavales e Retorta, ,o sobreiral do Arnego… con fauna rica e variada de especies coma os xabarís, corzos, gatos monteses, armiños e distintas aves rapaces…

É unha realidade tan tanxible como o é a ben tristeira imaxe: non soubemos, ao longo de tantos anos, aproveitar o que a natureza nos ofertaba e plantamos eucaliptos para beneficio exclusivo de empresas que, primeiro na provincia de Pontevedra e, a futuro máis ou menos inmediato, na de Lugo,  explotarán as montañas coas industrias eólica e celulosa sen que os cidadáns de Galicia vexan cumorifos os seus soños dunha Galicia verde como a que foi e cuxas expectativas de futuro quedan en que o lume respecte os nosos soños.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.