Noia blinda os servizos de conciliación en todas as etapas do ano coa aprobación do Plan Noia Concilia

30 Xaneiro 2026

O goberno municipal de Noia deu un paso decisivo para garantir a conciliación das familias coa aprobación da ordenanza reguladora do Plan Noia Concilia, que foi levada a votación no pleno celebrado onte, no que tamén se aprobaron os orzamentos municipais.

A nova ordenanza ten como obxectivo blindar e garantir a existencia de servizos de conciliación durante todos os días non lectivos que non sexan festivos, achegando seguridade, estabilidade e certezas ás familias do municipio ao longo de todo o ano.

A concelleira de Educación e Conciliación, Ana Blanco, destacou que “Noia xa viña ampliando os seus servizos de conciliación nos últimos anos, pero era necesario poñer orde, darlle sentido ao conxunto e ofrecer garantías reais ás familias”. Neste sentido, subliñou que o Plan Noia Concilia nace coa vontade de converter a conciliación nun compromiso estable do Concello e non nunha medida puntual.

“O Plan Noia Concilia está pensado para que nais e pais saiban, en todo momento, que o servizo vai existir, cando se vai prestar e en que condicións”, explicou a edil, quen insistiu en que se trata dun modelo planificado e sostido no tempo.

Ana Blanco puxo tamén o foco no papel das crianzas dentro do plan, sinalando que “a palabra conciliación é importante, pero non pode ser a única”. Así, afirmou que os nenos e nenas deben ser os verdadeiros protagonistas, a través da creación de espazos dinámicos, divertidos e inclusivos, que fomenten a socialización e contribúan ao seu desenvolvemento persoal.

A responsable municipal remarcou que o Plan Noia Concilia aposta por un modelo que combina as necesidades das familias coa posta en marcha de actividades atractivas, educativas e lúdicas, nas que os rapaces e rapazas poidan desfrutar, aprender e convivir.

Con esta ordenanza, o goberno municipal reafirma o seu compromiso cunha conciliación real, planificada e de calidade, situando ás crianzas no centro das políticas públicas e convertendo a Noia nun concello que ofrece seguridade e estabilidade ás familias.

Outros artigos

Mércores 9, volve o sol e suben as temperaturas

O regreso do anticiclón deixará ceos despexados e máximas en ascenso nas Rías Baixas e en Santiago este mércores A influencia das altas presións volta a instalarse sobre Galicia este mércores cunha marcada circulación de ventos do nordés, un escenario que garantirá...

+

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

Cuando los fríos guarismos del último informe PISA vuelven a agitar los titulares con la cantinela de nuestras recurrentes carencias educativas, confirmamos que seguimos midiendo el rendimiento de las aulas con la precisión del contable pero con el desdichado desdén...

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

Intente vostede falar na cea dun libro ou dunha figura pública que todo o mundo na mesa coñeza. O máis probable é que se atope con miradas de desconcerto. Os máis novos estarán ao tanto dun fenómeno de millóns de seguidores do que vostede nunca oíu falar, e o autor...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.