“Milleiros de estadounidenses protestan contra os axentes do ICE aos que Trump cualifica de patriotas”. Antón Luaces

25 Xaneiro 2026

Non temos unha referencia directa do que pensan os moitos galegos (moitos deles do Barbanza) migrantes en Estados Unidos de América, sobre as intervencións levadas a cabo polo Servizo de Control de Inmigración e Aduanas dese país, pero sí é coñecido que milleiros de persoas participaron nas xornadas de protesta contra as actuacións do ICE (polas súas siglas en inglés) que, nos últimos sete días causaron mortes que moitos cualifican de asasinatos perpetrados por autoridades que son incitadas á insurrección e defensa dos “patriotas” do Servizo de Control de Inmigración en Aduanas do país. 

Así o afirman, entre outros, Michael e Susan Pretty,  pais de Alex -o xove morto o sábado en Mineápolis (Minnesota)- que criticaron as que cualifican de “repugnantes mentiras” das autoridades federais sobre as intencións do seu fillo  cando foi tiroteado por un axente do ICE en Mineápolis, onde se produciron os feitos.

Nun comunicado feito público nas redes sociais, Michael e Susan Pretty sinalan que “as repugnantes mentiras da Administración sobre o noso fillo son reprobables e nauseabundas. É evidente que Alex non tiña unha arma na man cando foi atacado polos matóns asasinos e cobardes do ICE de Trump”.

O que portaba na man dereita e que se pode ver nas imaxes dos vídeos publicados sobre o ocorrido, sería o seu telefono móbil, explican os pais do finado. “Tiña o teléfono na man dereita e a man esquerda sen nada, subida para intentar protexer á muller que o ICE acababa de tirar ao chan. Todo elo mentres estaba a ser rociada con gas pementa”, dixeron os pais. 

Piden chegar á verdade sobre o ocorrido co seu fillo, “un alma amable que coidaba da súa familia e amigos e tamén dos militares estadounidenses veteráns coma enfermeiro da UCI do Hospital de Veteráns de Mineápolis”.

Após a publicación do comunicado, o fiscal xeral adxunto de Estados Unidos de América asegurou que non teñen nada máis ca solidariedade coa familia, advertindo que fará todo o que sexa necesario para protexer aos homes e mulleres do ICE.  

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.