Martes 20, marcado pola choiva e o vento do sur

19 Xaneiro 2026

As Rías Baixas e a comarca de Santiago quedarán este martes 20, San Sebastián, baixo a influencia das baixas presións situadas ao sur de Irlanda, que enviarán a Galicia unha nova fronte activa. A situación traerá ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán máis intensas e persistentes no oeste e sur da Comunidade, con especial incidencia no litoral atlántico.

Na comarca de Santiago espéranse choivas continuadas ao longo da xornada, mentres que nas Rías Baixas os episodios de precipitación poderán ser localmente máis abundantes, especialmente nas zonas costeiras. Nos puntos máis elevados do interior non se descarta a aparición de neve nos cumios de maior altitude.

As temperaturas máximas experimentarán un ascenso progresivo, suavizando o ambiente a pesar da inestabilidade meteorolóxica (7 graos mínimas e 13 de máxima). Pola súa banda, o vento soprará moderado de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral das Rías Baixas, e intensificarase durante a noite, cando poderá soprar forte tamén no interior, incluída a comarca compostelá.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 4 a 5 á mañá, 4 a 6 á tarde e 5 a 6 á noite. Forte marusía. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.