María Sampedro traslada ao IGVS o interese do Concello polo desenvolvemento de vivenda pública no municipio

30 Xaneiro 2026

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, mantivo este venres 30 de xaneiro unha reunión de traballo en Santiago de Compostela co director xeneral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, na que ambos abordaron a posibilidade de que o municipio poida acoller o desenvolvemento de vivenda pública nun futuro próximo.

“Dun tempo para aquí, o acceso á vivenda converteuse nun dos grandes problemas que teñen os veciños. A Xunta de Galicia está a levar a cabo unha importante aposta pola construción de vivenda pública e o Concello de Ribeira non quere perder esta oportunidade”, apuntou Sampedro.

A alcaldesa aproveitou tamén a cita para preocuparse polo estado de execución no que se atopan os tres convenios de colaboración asinados entre o IGVS e o Concello de Ribeira, e enmarcados no fondo de cooperación e financiamento para a rehabilitación e conservación do patrimonio nos municipios de menos de 50.000 habitantes.

Segundo comentou, o primeiro deles, asinado no 2022 e que afecta a contorna da zona de Romero Ortiz, ten boa parte dos fondos executados. “Non sucede o mesmo”, explicou Sampedro, “co que atinxe á mellora e reordenación do espazo público na DP-7305, na parroquia de Carreira, onde, o anterior Goberno local non foi capaz de comprometer, nin de mobilizar nin un só euro para esta actuación”, dixo, engadindo que “falamos de fondos destinados a mellorar o noso municipio e que están en risco pola incapacidade para xestionar e a parálise que Ribeira viviu nos últimos anos”.

Sampedro apuntou que tampouco se “moveu nin un dedo” para executar os 893.000 euros recollidos no terceiro dos convenios, destinado a poñer en marcha a reconstrución da chamada “Casa do Gran Sol”, inmóbel destinado a albergar a nova Biblioteca Municipal. Con respecto á dotación económica para esta infraestrutura dixo “que o anterior goberno perdeu a segunda anualidade de 385.000 euros”.

“Algúns terán que dar explicacións por todo isto, pero o que no vai a facer este Goberno local é quedar de brazos cruzados. Imos pelexar por todos e cada un dos euros que poidamos rescatar para levar a cabo actuacións no noso concello”, apuntou Sampedro, quen agradeceu “a boa predisposición mostrada por IGVS para colaborar co Concello de Ribeira”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.