María Sampedro felicita a Dolores Rivera Soto, veciña de Ribeira, polos seus 105 anos

12 Xaneiro 2026

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o primeiro tenente de alcalde, Vicente Mariño, felicitaron xa neste 2026 a unha das súas veciñas centenarias que, ademais, ostenta o título de ser a máis lonxeva do municipio: Dolores Rivera Soto, quen cumpre 105 anos. Nacida en Barbantes, no 9 de xaneiro de 1921, trasladouse a vivir a Ribeira unha vez casou con Ernesto Valeiras, cuxa familia era propietaria dunha fábrica de conservas situada no Touro.

Os representantes municipais achegáronse ata a súa casa para compartir unha conversa con ela e facerlle entrega dun arranxo floral como agasallo institucional.

Nai de tres fillos, avoa de sete netos e bisavoa de dez bisnetos, unha das súas afeccións é desfrutar da súa familia, con quen aproveita para saír a pasear durante o verán polo Touro; un lugar polo que sinte predilección dende a súa chegada a Ribeira, non só por ser o espazo onde se asentaba o negocio familiar, senón tamén por ser a praia elixida para pasar a época estival.

Outro dos intereses desta veciña centenaria é a música. De feito, ten a carreira de piano. E, ata que a saúde llo permitiu, sempre levou un estilo de vida moi activo, con moito coidado na alimentación, saír a camiñar e ir á praia. Quizais, o seu segredo para a lonxevidade.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.