Máis de 700 deportistas participarán o domingo 11 na 3ª edición do Trail e Andaina Montes de Rois

08 Xaneiro 2026

Este vindeiro domingo, 11 de xaneiro, as paraxes naturais de Rois serán o escenario polo que discorra o III Trail e Andaina Montes de Rois, cita deportiva na que se darán cita máis de 700 participantes. A elevada participación provocou que hai días se esgotasen tanto as prazas da andaina como do trail curto, que comparten o mesmo itinerario de 13,2 quilómetros. O trail longo, de 20,9 quilómetros, quedou a moi poucas prazas de pendurar tamén o cartel de completo.

A pesar da súa xuventude, a proba está xa plenamente consolidada no calendario galego, tal e como demostra o feito de que sexa a primeira cita do ano do Ranking Galego de Trail Running, dentro da serie prata.

A saída e a meta das tres modalidades da proba estarán situadas no polideportivo de Rois. Neste pavillón efectuarase a entrega de dorsais entre as 8 e as 9.30 horas. Ás dez da mañá poñeranse en marcha os participantes do trail longo e do trail curto e, cinco minutos despois, iniciarán o percorrido as persoas inscritas na andaina (10.05 h).

Co obxectivo de contribuír á comodidade dos deportistas, a organización pon á súa disposición os vestiarios do polideportivo, ademais de habilitar o aparcadoiro do patio do CPI dos Dices.

A entrega de premios está prevista para as 12.30 horas no polideportivo, onde os participantes poderán desfrutar duns petiscos unha vez rematen o percorrido. Así mesmo, entrarán no sorteo de tres pares de zapatillas, unha por cada modalidade de participación.

Ademais, as 600 primeiras persoas inscritas recibirán dous agasallos:

Unha braga de pescozo co logo do trail

Unha botella de aluminio de 400 ml, ideal para acompañar nas rutas deportivas

Percorridos e sinalización

Os percorridos estarán sinalizados con cintas de Abanca (fondo branco e letras azul celeste) tanto para o trail como para a andaina. Haberá un tramo específico no que as persoas participantes da andaina seguirán o regato de Buxán, sinalizado con cintas de Gadis nun percorrido aproximado de 200 metros.

Logo das choivas rexistradas nos últimos días, a organización traballou intensamente para deixar os percorridos nas mellores condicións posíbeis. Aínda así, existen zonas enchoupadas, polo que se recomenda extremar a precaución.

Así mesmo, o Concello de Rois solicita a colaboración veciñal para circular con precaución polos lugares de paso dos deportistas e recorda que entre as 10.00 e as 14.00 horas, os participantes atravesarán Os Dices, Os Vilares, Infesta, Casas do Porto, Xei, Buxán, Peracova, Picadizo, Rois e Contimundi.

Colaboracións

O evento contará coa colaboración de BJ Trainers & Co., que ademais de apoiar a proba ofrecerá un desconto nos seus produtos ás persoas participantes das tres modalidades e achegará agasallos para sortear o día da proba.

Pódense consultar os tracks na web do Concello de Rois.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...