Máis de 500 persoas despediron o ano na II San Silvestre Padronesa cun marcado carácter solidario

02 Xaneiro 2026

Máis de 500 persoas participaron na segunda edición da San Silvestre Padronesa, unha cita deportiva e solidaria que se consolidou no calendario de Nadal do Concello de Padrón e que permitiu despedir o ano 2025 dun xeito saudábel, participativo e comprometido coa solidariedade.

A iniciativa tivo tamén un importante compoñente social, xa que Cáritas de Padrón recibiu un quilo de alimentos non perecedoiros por cada persoa participante, superando así os 500 quilos recadados para apoiar ás familias que máis o precisan.

Persoas de todas as idades, moitas delas en familia, completaron os case seis quilómetros do percorrido, ben correndo, andando, en bicicleta ou mesmo en patinete, nun ambiente festivo no que non faltaron os disfraces, sendo especialmente numerosos os gorros de Papá Noel.

Ao remate da proba, as persoas participantes puideron repoñer forzas con churros e chocolate quente, poñendo o peche a unha xornada marcada pola convivencia, o deporte e o espírito do Nadal.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o concelleiro Luis Mariño estiveron presentes na saída da proba, na que tamén participou a tenente de alcalde, Chus Campos Varela, mostrando así o apoio institucional a unha actividade que fomenta hábitos de vida saudables e valores solidarios.

Desde o Concello de Padrón destacan o éxito de participación e agradecen a colaboración de todas as persoas participantes, entidades implicadas e voluntariado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...