Lousame celebrou a chegada dos Reis Magos por partida dobre con dúas grandes festas de recepción e benvida

05 Xaneiro 2026

Lousame preparou unha gran festa cos Reis Magos por partida dobre: por unha banda o Concello celebrou un gran Festival de Reis este domingo de xaneiro pola tarde, no Polideportivo Municipal da Silva. Houbo xogos, obradoiros, inchábeis, lambonadas, música e chocolate con churros de balde para a rapazada (e tamén para para os maiores na Churrería Rafa).

Ademais, este luns 5 de xaneiro o Concello organizou unha actividade oficial para recibir ás Súas Maxestades a partir das 10.30 horas e até as 14.00 horas na Casa da Cultura de Lousame.

Dende o Concello lembraron a necesidade de que os adultos acompañen á rapazada participante.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.