“Lonxe”. Xulio Xiz

20 Xaneiro 2026

Arredor da Muralla romana contrastaba estes días o poderío desafiante dos tractores coa resistencia milenaria das pedras que resistiron guerras; mesmo coma esta, pacíficas e xustas, contra inimigos lonxanos e incógnitos.

Combaten os tractores – de última xeneración ou resistentes de guerras pasadas -, non algo que proceda dos seus concellos, do goberno autonómico, nin siquera do nacional. Protestan por un acordo da U.E. con Mercosur – esperado e temido á vez – que se agarda sexa beneficioso para unha parte do sector agrario e á vez perxudicial para os produtores de carne. Con quedar esto moi arriba, o acordo enténdese como a posibilidade de plantar cara ao déspota non ilustrado que goberna o país máis poderoso do mundo con perigo de ser convertido no menos democrático.

A saber o que poden conseguir os tractoristas, fogueados en accións de protesta arredor do maior símbolo de identidade lucense, porque se os problemas son de explotacións e rendibilidade, as solucións xóganse moi lonxe. E a globalidade na que vivimos só nos permite movementos controlados, breves… e ao que chegamos neste caso é a ver a muralla rodeada de tractores na primeira cadea da tv. de Sánchez, que quizais grazas a iso se entere do problema.

Na realidade de mediados do século pasado, todo dependia do consello de ministros que decidia sobre o divino e o humano. Hoxe os nosos destinos gobérnanse de lonxe, e comprobamos que as instancias máis altas teñen que lidiar á súa vez con axentes máis poderosos e perigosos, que non respectan as reglas do xogo. E se algún parece estar tolo, como se decía en tempos, verdadeiramente, está “tolo de comenencia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.