Galicia pecha 2025 como o cuarto ano máis cálido das últimas seis décadas

20 Xaneiro 2026

Galicia rexistrou en 2025 o cuarto ano máis cálido desde 1961, segundo o informe climatolóxico anual elaborado por MeteoGalicia e presentado este martes pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.

Os datos das estacións meteorolóxicas distribuídas por todo o territorio galego amosan que 2025 foi un período “extremadamente cálido e moi húmido”. A temperatura media anual situouse nos 14,7 graos, unha cifra que supera os valores habituais e sitúa o ano entre os máis quentes da serie histórica.

Segundo explicou a conselleira, as temperaturas mínimas e máximas foron, de media, 1,1ºC por riba dos valores normais. Dos doce meses do ano, xaneiro e xuño foron extremadamente cálidos, mentres que outros sete meses presentaron condicións moi cálidas ou lixeiramente cálidas. Pola contra, marzo, setembro e decembro rexistraron temperaturas máis frías ou normais.

En canto ás precipitacións, Galicia acumulou unha media de 1.524 litros por metro cadrado, o que representa un 18 % máis do habitual, facendo de 2025 un ano moi húmido. Xaneiro destacou por ser extremadamente húmido, abril e novembro moi húmidos, e decembro simplemente húmido. Pola súa banda, xuño foi moi seco, e xullo, agosto e outubro tamén estiveron por debaixo da normalidade.

Durante a presentación dos datos, Ángeles Vázquez subliñou o papel de MeteoGalicia na aplicación do coñecemento científico á protección do litoral, á seguridade no mar e ao futuro dos sectores que dependen do medio mariño. A conselleira sinalou tamén que Galicia conta agora cun modelo bioxeoquímico desenvolvido en colaboración con Intecmar e Cetmar, que permite analizar de forma conxunta todas as Rías Baixas, os niveis de osíxeno, a dispoñibilidade de nutrientes e a circulación da auga entre elas.

Este novo instrumento fornece información clave para anticipar riscos ambientais, coidar os ecosistemas mariños e apoiar de forma máis eficaz as actividades vinculadas ao mar, situando á Comunidade nunha posición de vangarda tanto a nivel estatal como europeo en xestión sostible do litoral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.