Francisco Pérez e Manolo Seijas, alcalde e tenente de alcalde de Noia, reúnense en Madrid co ministro de Cultura para abordar vías de colaboración

22 Xaneiro 2026

O alcalde de Noia, Francisco Pérez, e o tenente de alcalde, Manolo Seijas, mantiveron na mañá deste xoves 22 de xaneiro unha reunión institucional co ministro de Cultura, Ernest Urtasun, na sede do Ministerio de Cultura, en Madrid. Durante o encontro, o alcalde e o tenente de alcalde presentaron ao
ministro distintas liñas de actuación e desenvolvemento que ofrece Noia como municipio, centrando a reunión nalgúns dos aspectos patrimoniais máis relevantes da vila, así como nas posibilidades que ofrece en termos de proxección cultural.

Pola súa parte, o ministro de Cultura mostrou o seu interese pola importancia histórica e patrimonial de Noia, trasladando que tanto el como o Ministerio de Cultura están abertos a establecer vías de colaboración co Concello.

A valoración realizada polo Executivo noiés é “moi positiva”, enmarcándose este encontro dentro dunha rolda de reunións institucionais que teñen como obxectivo promocionar o municipio e explorar posíbeis vías de progreso e investimento.

Así mesmo, durante a reunión, os representantes municipais convidaron formalmente ao ministro de Cultura a participar na XXVII Edición da Mostra Internacional de Curtametraxes “Vila de Noia”, evento que conta cun importante financiamento de dito ministerio e que se
celebrará a finais deste ano.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.