Este venres comeza en Artes a XVII edición do Obradoiro de Gravado, centrado na técnica do litogravado

22 Xaneiro 2026

O Museo do Gravado (Artes, Ribeira), a través do seu director, Pastor Rodríguez, informou o inminente desenvolvemento da XVII edición do seu Obradoiro de Gravado, que se realiza esta fin de semana: do venres 23 ao domingo 25 de xaneiro.

A través desta actividade as persoas participantes aprenderán a realizar obras a partir dun novo proceso de gravado que o seu autor, o profesor José Fuentes (Universidade de Salamanca), denominou litogravadoEste proceso deuse a coñecer na súa tese doutoral no ano 1985.

Trátase dun proceso de gravado que aporta unha nova forma de obter imaxes gravadas sobre matriz de cobre a partir dun debuxo realizado directamente sobre a mesma. O carácter gráfico das imaxes obtidas a través deste proceso é moi similar ao debuxo litográfico sobre pedra, de aí o seu nome: litogravado. As imaxes créanse debuxando cun lapis graxo sobre  o cobre que foi previamente tratado para que o lapis se adhira e o trazo proporciónanos unha ampla gama de tons.

No curso hai anotadas 13 alumnas e alumnos de diferentes provincias (A CORUÑA: Ribeira, Pobra, Santiago, Milladoiro, PONTEVEDRA: Pontevedra e Vigo;  LUGO:  Lugo e MADRID).

A entrega de diplomas do XVII Obradoiro de Gravado terá lugar o domingo, 25 de xaneiro de 2025, ás13.30 h no taller do MUGART (Museo do Gravado de Artes).

O curso será impartido por José Fuentes Esteve, Antonio Navarro e Isabel Carrarelo, da Universidade de Salamanca (Instituto de Investigación en Arte y Tecnología de la Animación USAL).

Litogravado do profesor e artista José Fuentes

Outros artigos

A ría de Noia acolle este sábado a XXIV Travesía Solidaria a Nado

Este sábado 15 de agosto, a ría de Noia volverá acoller unha das citas con máis tradición do calendario deportivo da comarca: a XXIV Travesía Solidaria a Nado de ADECO-DEA. Trátase dunha xornada para gozar do deporte e "sobre todo para seguir facendo da inclusión e do...

+

Este venres comezan as festas patronais de Santa María de Roo (Noia)

Este venres 14 de agosto comezan as festas patronais de agosto, edición 2026, de Santa María de Roo (Noia), organizada pola veciñanza (comisión de festas) coa colaboración do Concello. Farano cunha gran verbena a cargo da Orquestra Panorama City e co acompañamento de...

+

En Noia, comezan as obras de reposición da Ponte de San Lázaro

O Concello de Noia confirmou que esta semana comezaron as obras de reposición da ponte peonil de San Lázaro, unha actuación "necesaria para recuperar un elemento que levaba anos cunha parte da madeira en mal estado", engadiron fontes do Consistorio. Os traballos están...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.