Educateatro leva “O mundo máxico de Pinocho” a Porto do Son este 11 de xaneiro

09 Xaneiro 2026

Este domingo, 11 de xaneiro a partir das 18:00 h, terá lugar a representación teatral O mundo máxico de Pinocho na Casa da Cultura de Porto do Son que fora aprazada o pasado mes de decembro por causa de forza maior.

Nesta obra, executada pola compañía Educateatro Producións, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade.

Un camiño que comeza no taller de Gepetto e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiritero tentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.

Recomendada para público familiar.

Trátase dunha actuación dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.