“E do pobre Fernández nunca máis se soubo” – Antón Luaces

20 Xaneiro 2026

Namoramos, casamos e fomos pais en tempo de ditadura. No lombo, no canto de estrelas amarelas luciamos, marcado a fondo, o desexo de mellorar. E melloramos deixando de traballar o sábado pola tarde e a costa do pluriemprego que nos permitiu acceder a préstamos bancarios persoais ou facer fronte a hipotecas coa colaboración imprescindible da túa parella. Deste xeito chegamos co paso dos anos a sermos propietarios dunha vivenda/piso que, se nos finais dos anos 60 custaba 175.000 pesetas, podías vendela nos primeiros anos dos 80 para adquirir outra mellor por 4 millóns e con praza de garaxe (porque o pluriemprego levaba a te facer cun coche máis ou menos utjlitario). 

Todos estes feitos fixéronnos aparecer diante Europa coma habitantes dun país de proletarios que souberon gañar o ceo dun fermoso sistema de vida -aparente- que non tiña explicación para, có franquismo, facer entender que eramos un país de emigrantes que vivía coma deus traballando pouco, comendo e bebendo moito e sendo proletarios (maioritariamente) moi de cando en vez e quen de dar ao mundo multimillonarios coma Barrié ou Ortega.

E ata aquí chegamos. Agora, que?.

Agora pagamos altísimos alugueiros. Non todos chegan a fin de mes cos salarios ou pensións que temos; vémonos na obriga do recurso a vivir nun cuarto cando os nosos maiores foran quen de vivir en casas ou pisos, e chegabamos á conclusión de que con Franco se morrìa máis seguro. E mellor.

Hoxe en día están a crear para os nosos descendentes un mundo ben fodido, duro de pelar, complexo de soportar. Un mundo no que Trump non é John F. Kennedy, Sánchez non é Suárez, nin Julio Iglesias é Raphael.

O de hoxe é un capital financeiro  quen de facer calquera cousa agás levar á casa a conciencia  cidadán de que nos gobernan os mellores. Ata os presidentes dos máis importantes países axeonllan diante do peso dos aranceis e unha nación pode, pola forza dos cartos ou a das armas, “comprar” parte doutro que se supón é aliado.

É o noso actual un mundo desbocado. Como o era  vaca “Lucera” de miña avoa diante dun brazado de herba recén segada co lampo no regadío de Río de Cruz.

Neste marco vivimos. Neste espello nos contemplamos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...