“Donald Trump xustifica a morte en Mineápolis dun cidadán estadounidense a mans de axentes de migración” – Antón Luaces

25 Xaneiro 2026

Máis de media ducia de axentes enmascarados golpearon e finalmente mataron por disparos a un cidadán norteamericano de 37 anos na cidade de Mineápolis. Segundo as autoridades estatais o home levaba unha arma curta e dous cargadores. Trátase dun individuo de raza branca. Os participantes nesta acción nin sequera poden acollerse neste caso á “desculpa” de que se trataba dun home de raza negra: era branco e norteamericano, avecindado en Mineápolis. 

Esta cidade prohibiu o dereito de manifestaciòn e que se eviten casos de violencia. O xefe de policía, Brian O’Hara, confirmou os acontecementos e pediu aos cidadáns que, por favor, “non destrúan a nosa propia cidade”.

Pola súa banda, o alcalde de Mineápolis, Jacob Frey, confirmou que acababa de contemplar nun vídeo que “máis de seis axentes enmascarados golpean brutalmente a un dos nosos concidadáns, disparándolle ata matalo”. Pregúntase Frey cantas vidas teñen que perderse “antes de que esta administración entenda que unha narrativa política e partidista non é tan importante coma os valores estadounidenses”. 

O suceso producise esta fin de semana, quince días despois de que os axentes do Servizo de Inmigración e Control de Aduanas (ICE) mataran a tiros a unha muller que ocupaba o seu coche durante unha das súas redadas contra migrantes. 

En Minnesota hai milleiros de oficiais violentos e carentes do necesario adestramento.

A administración Trump asegurou que o veciño de Mineápolis morto esta semana estaba armado e que os axentes estaban na percura dun inmigrante ilegal acusado de asalto.

O presidente de EUA, Donald Trump, xustificou a actuación policial. Para el o importante semella ser eliminar aos migrantes, sen ter en conta a súa ascendencia familiar e mesmo a da súa dona.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.