Cortada por risco de desbordamento a estrada que une Taragoña e Asados, na zona da Laxe

26 Xaneiro 2026

A Policía Local de Rianxo e o Concello informaron de que a crecida do río Te por mor das repetidas chuvias destas semanas (que recrúan este luns coa chegada dunha nova fronte húmida) está a xerar un serio risco de desbordamento. Isto motivou que fose cortada a vía que une as parroquias de Asados e Taragoña na zona da Laxe.

Engaden a que a situación climática deste luns é probábel que agrave o problema do anegamento, coa chegada dun novo sistema frontal moi activo e traendo moita humidade. Deste xeito, o ceo estará cuberto con precipitacións persistentes e intensas, máis activas co avance da tarde, deixando acumulacións importantes en gran parte do territorio galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.