“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

17 Xaneiro 2026

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, ag
a ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltando
polas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas alturas están os
lagos glaciares de O Celo e da Lagoa da Serpe. Todos chorando e os tolos, tódolos tolos do mundo,
expectantes, mirando e recreando as súas miradas.
El viña das antípodas, dun dos puntos xeográficos máis distantes do planeta, en Nueva Zelanda, a
uns vinte mil quilómetros de distancia de onde estamos. Doutro lado do mundo, para os tempos de
hoxe, lonxe e cerca á vez. Baixouse do avión en Lavacolla e foise correndo ao centro de Santiago,
para rezar algo (do que soubese) diante do Apóstolo e decontado dirixirse á taberna para comer un
caldo de verzas ou de grelos, beber un xerro de viño e marchar para ver o seu lugar, onde o
agardaban.
Alí, os seus parentes, a veciñanza e os amigos prepararon a festa. Unha festa rachada, moi animada,
intensa, desinhibida, con moita alegría e troula. Todos a bailar e a cantar as cancións que a el lle
gustaban, as que lles gustaban a todos os que as acordaban. Foi un pracer enorme para os novos e
para os vellos. Unha magnífica ocasións para que Anxélica da Porteleira explicara aos seus netos as
andainas que fixera con aquel home polos arredores do lugar.
Aquí está -dixo ela- máis vello, pero tal como era hai setenta anos, tan fermoso e con esa risa
contaxiosa na boca, nos ollos e na cara. “Anxélica, esta neta túa, tan guapa e tan bela, é igual que ti
eras”. A nena, co seu sorriso de amencer, faise dona daquela noite de gloria, escoita a avoa, chora
con ela e alumea os pasos cara a casa, deixando aberta a porta para volver.
A dureza da emigración é grande e recóllena nos seus textos varios autores de poesía e de prosa. O
regreso é como é, pero nada é como era antes de partir. Nada! A terra non ten a mesma cor, o pan
non sabe igual, doe a nostalxia e por máis que se agranden os letreiros, non se entende o seus
contido, non se sabe que queren dicir. Hai que pasar o día traballando, traballar tamén de noite e se
queda algo de tempo para pensar, é para pensar exclusivamente en volver. Ou para chorar, como un
home ou como un tolo.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.