BNG consegue o rexeitamento da comarcalización da violencia machista e critica que Ribeira e Noia perderan competencias neste ámbito

21 Xaneiro 2026

O Parlamento galego aprobou por unanimidade unha proposición non de lei presentada polo Bloque Nacionalista Galego para reverter a comarcalización das seccións de violencia sobre a muller nos tribunais de instancia de Ourense e Santiago de Compostela. A medida, impulsada polo deputado Iago Tabarés, centraliza a instrución de todos os asuntos de violencia machista e delitos contra a liberdade sexual destas materias en apenas dúas cidades, eliminando a competencia de 13 tribunais repartidos por distintas vilas de Galiza.

Durante a súa intervención, Tabarés alertou das” graves consecuencias que xa está a ter esta reorganización” e engadiu que “estamos ante unha medida altamente prexudicial que atenta contra o equilibrio territorial, pois elimina servizos de xustiza no rural, e que compromete o funcionamento da Administración de Xustiza ao abocar á saturación ás unidades xudiciais de nova creación”.

Con todo, subliñou que o “máis grave é a revitimización das denunciantes”, que se ven obrigadas a desprazarse “máis de 100 quilómetros” en momentos críticos para realizar recoñecementos ou dilixencias, abandonando a súa zona de confianza.

O deputado nacionalista enumerou localidades como Ribeira, O Carballiño, Verín, Noia, Ordes ou Ribadavia, entre outras, que perderon a competencia en violencia de xénero.

Reflectiu que os datos evidencian que a sección de Ourense asumiría case 2.400 asuntos (un 60% por riba do límite máximo orientativo), mentres que a de Santiago duplicaría con creces ese límite, cun volume que supera o 121% do considerado viable, “o que aboca á saturación e compromete a calidade do servizo”.

Tabarés criticou duramente o papel do Goberno galego neste proceso, recordando que a decisión “preceptivamente debía contar con informe previo da Xunta”, algo que “non sucedeu” no caso do Consello Xeral do Poder Xudicial, e que no segundo, a Xunta “sorprendentemente non expresou disconformidade” algunha. “A Xunta do PP presentou iniciativas en concellos e na Deputación de Ourense contra a comarcalización, pero o certo é que estaba de acordo”, sinalou, esixindo agora unha “rectificación” e un traballo “decidido” para revertela.

A proposta aprobada insta á Xunta a adoptar as medidas necesarias, incluída a personación nos recursos xudiciais xa interpostos, para que a xurisdición destas seccións se circunscriba de novo exclusivamente aos seus partidos xudiciais orixinais, garantindo así unha xustiza próxima, eficaz e sen revictimizar ás mulleres.

Outros artigos

Noia ponse en marcha contra o cancro o vindeiro 19 de setembro

O vindeiro 19 de setembro, Noia volverá camiñar unida por unha boa causa coa celebración da andaina solidaria Noia en marcha contra o cancro, organizada pola delegación local da Asociación Española Contra o Cancro A Coruña (AECC). A saída será ás 17:00 horas desde a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.