BeOne Rianxo comeza o ano con matrícula de balde e tres días de proba no complexo deportivo municipal

08 Xaneiro 2026

BeOne, firma concesionaria do complexo deportivo municipal de Rianxo, quixo comezar o ano con forza e transmitir esta enerxía á veciñanza. Deste xeito, deu a benvida a 2026 cunha nova campaña deseñada para que “poñernos en forma sexa máis doado ca nunca”, unha proposta “clara e sen letra pequena” que consiste en ofrecer matrícula de balde e tres días de proba gratuíta para que as veciñas e veciños de Rianxo “proben e decidan”.

O centro deportivo municipal, xestionado por BeOne e situado na rúa Rosalía de Castro, destaca polas completas instalacións deseñadas para ofrecer unha experiencia deportiva, en palabras da firma, de “alta calidade”. Entre os seus servizos destaca a ampla sala fitness, equipada con zonas diferenciadas para cardio, forza e adestramento funcional, ademais de piscinas e unha zona de spa.

“A n osa oferta deportiva complétase con un extenso programa de clases dirixidas, con clases de tonificación, ciclo indoor, actividades coreografadas e de corpo-mente”, salientan dende BeOne, poñendo o foco en que “xaneiro é un momento clave para iniciar cambios positivos, unha oportunidade perfecta para apostar pola actividade física, polo que con esta campaña queremos que calquera persoa poda comezar a adestrar con todas as vantaxes”.

E engaden: “BeOne Rianxo tamén é un lugar ideal para familias, xa que ofrecemos abonos especiais e servizos deseñados para elas como un área infantil de xogos, escola de natación infantil, campus en períodos non lectivos, brindando así opcións para que tanto adultos como nenos, gocen dunha vida activa e saudábel nun entorno divertido”.

A inscrición pode realizarse directamente no centro ou a través de la páxina web, onde os interesados poden consultar as condiciones da promoción e encontrar o seu centro máis preto.

O convite está dispoñíbel na web de Beone.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.