“Aprender das derrotas máis ca dos trunfos: o campo galego reclama igualdade”- Antón Luaces

18 Xaneiro 2026

Estradas ateigadas de tractores e grupos de persoas, maioritariamente homes, son hoxe en día en Galicia, testemuño sonoro e visual da disconformidade dos labregos -agora denominados agricultores- coa situación derivada da sinatura este sábado en Paraguai do acordo entre a UE e MERCOSUR: 27 estados membros da Unión Europea con Arxentina, Brasil, Uruguai e Paraguai ou, o que ven ser o mesmo, un mercado de máis de 740 millóns de persoas que constitúen por sí mesmas a maior zona de libre comercio do mundo. 

Os labregos concentrados en Galicia -ao igual que noutras comunidades autónomas españolas e cidades europeas- evidencian a súa disconformidade co significado da sinatura do mencionado acordo por entenderen os afectados polo mesmo que vai en detrimento dos seus intereses: as normas que regulan a produción de alimentos deben ser as mesmas para todos e, en base ao xa acordado, os que se incorporen a partir de agora a tal xigantesco mercado, poden poñer en perigo aos que actualmente conforman a UE. 

Témese especialmente a chegada masiva de carne procedente  dos países latinoamericanos (especificamente Argentina, con pastos tan extensos coma Europa) após máis de 25 anos de negociacións para conformar Mercosur, un acordo de asociación entendido como histórico que afecta a un colectivo que representa o 20% da riqueza mundial. O camiño percorrido percura un comercio xusto fronte dos aranceis que baralla de xeito especial Estados Unidos de América. Os cítricos, a carne de vacún ou o azucre son elementos que “sacan” da partida de xogo aos produtores europeos, mais estes poden poñer na palestra os lácteos, o aceite de oliveira ou o viño, entre outros. 

Para sectores coma os da pesca ou o as conservas galegas, todo un mundo en revolución porque o que agora se formula para o campo xa o viviron eles, entre outras porque as normas sanitarias non se aplican do mesmo xeito e o seu grao de cumprimento é moi distinto na produción en Suramérica e Europa.

Todo un reto histórico no que a Comunidade Autónoma galega debe implicarse, dados os vencellos existentes.

Outros artigos

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.