A Xunta traslada o seu apoio ao sector nas protestas contra o regulamento de control da pesca

16 Xaneiro 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo este venres 16 de xaneiro unha reunión cos presidentes da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e das federacións provinciais na sede da Consellería, na que lles trasladou o apoio do Goberno galego nas protestas contra o Regulamento de Control da Pesca da Unión Europea e analizou coas organizacións representativas da frota os problemas derivados da súa aplicación práctica.

Durante o encontro dixo que “a Xunta actuou con antelación e dilixencia ao remitir en 2024 alegacións formais ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación sobre este regulamento”, advertindo “das dificultades que a nova normativa ía xerar na frota artesanal e de baixura”. Villaverde lamentou que “esas achegas non fosen atendidas no seu momento, o que tería permitido anticiparse á situación que vive actualmente o sector”, comentou, ao tempo que reiterou “que Galicia comparte os obxectivos de control, rastrexabilidade e loita contra a pesca ilegal”, pero insistiu en “que a aplicación do regulamento, tal e como está formulada, pode supoñer riscos para os pescadores á hora de traballar e exposición  a sancións innecesarias”. Así, sinalou que “resulta desproporcionada e pouco realista para embarcacións pequenas, con mareas curtas e sen medios técnicos para cumprir con esixencias como o rexistro exacto das capturas a bordo ou os prazos de notificación previa de entrada a porto”.

Marta Villaverde defendeu novamente “a necesidade dunha implantación flexíbel, progresiva e adaptada ás características da pesca artesanal galega, evitando cargas administrativas innecesarias e un réxime sancionador que xere inseguridade xurídica entre os profesionais do mar”. Tamén se comprometeu a “seguir exercendo de interlocutora activa ante o Ministerio e a defender en todos os ámbitos unha aplicación do regulamento compatible coa viabilidade económica do sector e co mantemento do emprego e da remuda xeracional”.

Na reunión tamén se abordaron outros asuntos de interese para o sector, como por exemplo algúns relacionados coa formación, o estado de tramitación de ordes de axudas de cara a este novo ano, ou do avance na modificación de textos lexislativos como o do Estatuto da muller traballadora do mar, a xestión dos excedentes do marisqueo ou a modificación do decreto de artes.

Así mesmo, a conselleira do Mar e os representantes das confrarías falaron sobre o Regulamento europeo de TAC e Cotas, na liña de seguir insistindo ao Goberno central para que “busque en Bruxelas fórmulas que poidan atenuar os efectos negativos da negociación levada a cabo o pasado mes de decembro e que estableceu recortes de posibilidades de pesca moi daniños en especies como o xarda, o lirio e o abadexo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.