
O Concello de Outes presentou o programa de actividades para os vindeiros catro meses dos centros sociais municipais, cuxas inscricións ábrense o vindeiro luns 19 de xaneiro.
A axenda será variada e diversa, aínda que todas as actividades programadas teñen o nexo común de fomentar a dinamización, a creatividade, o apoderamento, a autonomía para as persoas maiores e os hábitos saudábeis.
Haberá obradoiros no Centro Social da Serra, no Centro Social de Pontenafonso, no Centro Social de Cando, no Centro Sociocultural de Vila do Monte, no Centro Sociocultural de San Lourenzo, no Colexio do Cruceiro de Roo, no Centro Sociocultural de San Cosme, no Centro Náutico do Freixo e na Aula Sostible do Freixo.
Máis información no teléfono 981 850 575.
O programa inclúe actividades centradas na bailoterapia, no ioga terapéutico, na memoria, na cestería, nos traballos en coiro, na ximnasia terapéutica, no gancho, nas vainicas e o bordado, no corte e confección, no pilates e na ximnasia de mantemento.



