“A potabilidade da auga que se consume na Coruña e o seu “hinterland”, en alto risco polo proxecto de central de bombeo de Meirama” – Antón Luaces

29 Xaneiro 2026

Tres asociacións: a ecoloxista ADEGA, a veciñal e ambiental de Meirama e a de veciñas e veciños das Encrobas, presentaron alegacións ao proxecto de central de bombeo na balsa mineira de Meirama. Este proxecto está promovido pola empresa COVENTINA RENOVABLES, S. L. e foi declarado estratéxico pola Xunta de Galicia.

Trátase da construción dunha central enerxética que empregaría como depósito inferior a balsa mineira de Meirama, cuxa auga desemboca no encoro de Abegondo que, amáis de ser un espazo natural protexido que forma parte da Rede Natura 2000 ES1110005, subministra auga potábel á cidade da Coruña e a súa área metropolitana. Este tipo de instalación non pode situarse a ceo aberto e a de Meirama é, como queda dito, unha balsa mineira, non unha lagoa natural. A súa auga ten determinadas características que a fan dificilmente compatíbel con ser empregada para consumo humano. Ven ser auga de alta acidificación dunha importante cantidade de metais pesados (manganeso, ferro, aluminio e mesmo arsénico e uranio) aaáis dunha baixa concentración de osíxeno. 

O funcionamento desta central sería posible bombeando e soltando grandes volumes de auga constantemente. Tal movemento masivo podería remover estes metais pesados desde a balsa mineira ata o río Barcés e, finalmente,  ata o encoro de Cecebre. Así poñeríase en risco a calidade da auga (que é excelente) que bebemos  centos de milleiros de persoas. O estado do proxecto pasa completamente por alto este perigo. 

O desenvolvemento deste proxecto suporía a desaparición dunha zona na que existen espazos naturais como As Brañas de Torreiro e O Rego de Biduído que, malia non estaren inventariados, manteñen importantes valores naturais, polo que o proxecto podería incidir  negativamente no mesmo e repercutindo na desaparición destas zonas naturais.

Outros artigos

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

+

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

En español usamos dos verbos (ser y estar) para expresar lo que otraslenguas, como el inglés, concentran en uno solo (to be). No es una diferenciamenor ya que nos permite distinguir entre lo permanente y lo circunstancial,entre lo que somos y lo que simplemente nos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.