A Policía Nacional alerta dunha campaña de phishing que suplanta á Universidade de Santiago de Compostela

24 Xaneiro 2026

A Policía Nacional detectou unha campaña de phishing na que se suplanta a identidade da Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa finalidade de estafar ao alumnado.

A Policía Nacional alertou este sábado sobre o envío “masivo” de correos electrónicos falsos a alumnos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que, baixo o pretexto da reclamación dun pagamento pendente relacionado co abono da matrícula, solicitan unha transferencia de 550 euros a unha conta bancaria.

Desde a pasada semana, varias persoas presentaron denuncias en dependencias policiais tras recibir correos electrónicos fraudulentos que seguen o mesmo modus operandi. Os ciberestafadores envían mensaxes de forma masiva dirixidas a estudantes da USC, nas que, facéndose pasar pola Universidade, reclaman o pagamento pendente de 550 euros correspondente, supostamente, ao abono da matrícula.

Nos correos electrónicos inclúese un número de conta bancaria no que se solicita realizar o ingreso con carácter urxente, así como o envío posterior dun comprobante de pagamento.

Unha vez detectada esta estafa en liña, a Policía Nacional, a Universidade de Santiago de Compostela e a entidade bancaria implicada puxeron en marcha unha liña de traballo conxunta para neutralizar esta campaña delituosa, que utiliza de forma fraudulenta o nome da USC, e avanzar na identificación e detención dos responsables.

Consellos da Policía Nacional para evitar estafas de phishing

A Policía Nacional recomenda seguir unha serie de pautas básicas de seguridade:

  1. Analizar con detemento calquera notificación recibida por correo electrónico, SMS ou outros medios na que se solicite o pagamento de diñeiro.
  2. Verificar sempre as ligazóns antes de abrílas. Os estafadores empregan dominios que non se corresponden cos oficiais, modificando letras ou a súa orde para aparentar autenticidade.
  3. Desconfiar dos dominios xenéricos. A maioría das entidades utilizan dominios rexistrados co seu nome ou siglas oficiais.
  4. Manterse alerta ante calquera solicitude de diñeiro ou de datos persoais ou bancarios, xa que estes poden ser utilizados posteriormente para cometer novas estafas.

A Policía Nacional lembra a importancia de denunciar calquera intento de fraude para facilitar a investigación e evitar que outras persoas resulten afectadas.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...