A Olimpíada Informática Galega contará coa participación de 33 estudantes dunha ducia de concellos, incluído Rianxo

29 Xaneiro 2026

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas (Universidade da Coruña, UDC; Universidade de Santiago, USC; e Universidade de Vigo, UVigo), celebrará a Olimpíada Informática Galega 2026 (OIG 2026) o vindeiro venres, 6 de febreiro.

A olimpíada celebrarase de xeito presencial na Facultade de Informática da Coruña da UDC, en horario de 15:30 a 20:30 horas, coa colaboración da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC e da Escola Superior de Enxeñaría Informática da UVigo.

A organización da OIG pechou a inscrición do certame con 33 participantes de dez centros escolares diferentes de Galicia. A axenda da xornada será a seguinte:

15:30 horas_ Recepción dos estudantes e acceso ás aulas.

16:00 horas_ Benvida por parte do comité organizador e presentación da Olimpíada.

16:45 horas_ Entrega de credenciais de usuario/a e conexión á contorna de desenvolvemento da proba.

17:00 horas_ Inicio da proba.

20:00 horas_ Fin da proba

20:15 horas_ Acto de clausura, incluíndo a resolución do xurado

Inscribíronse estudantes de entre 13 e 18 anos, naturais da Coruña (2 participantes), Sada (1), Oleiros (2), Ferrol (1), Santiago de Compostela (15), Ames (4), Teo (2), Rianxo (1), Vilagarcía de Arousa (1), Marín (1), O Porriño (1), Redondela (1) e O Barco de Valdeorras (1).

A competición consistirá na resolución de entre seis ou oito problemas nun prazo de tres horas. Cada problema deberá resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución. Na OIG permítese o uso de C++, Python ou Java. Os problemas adoitan centrarse no deseño correcto e eficiente de algoritmos.

A OIG permitirá seleccionar a dous representantes galegos para participar na XXX Olimpíada Informática Española (OIE), que se celebrará do 10 ao 12 de abril de 2026 na Escola de Enxeñaría en Informática da Universidade de Valladolid. De aí, os gañadores poderán acceder á Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará do 9 ao 16 agosto en Uzbekistán.

A olimpíada está patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC: Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC), Clúster TIC Galicia, Denodo, Dinahosting, DXC Technology, Emetel, Gadisa, Hijos de Rivera, Indra Group, NTT Data, PuntoGal. Grazas a estas entidades patrocinadoras, haberá premios adicionais para os seguintes postos na clasificación, ademais de para a mellor programadora feminina e para a/o mellor participante da ESO.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.