A maxia dos Reis Magos enche Noia nunha recepción histórica para nenos e nenas TEA

05 Xaneiro 2026

O Salón de Plenos do Concello de Noia acolleu unha recepción adaptada para nenos e nenas TEA que, segundo lembrou o Goberno local, “converteuse na máis multitudinaria das celebradas ata o momento pola organización, sen que se recorde outra igual en edicións anteriores”.

A xornada comezou coa recepción oficial do alcalde de Noia, Francisco Pérez, ás Súas Maxestades os Reis Magos, dando paso a unha mañá chea de ilusión, emoción e momentos inesquecibles para as familias asistentes. Esta recepción serviu ademais como antesala dunha gran Cabalgata de Reis que terá lugar pola tarde, e que sairá ás 17:00h da Barquiña. Esta cabalgata tamén terá un tramo sen ruído para que os nenos e nenas TEA poidan desfrutala.

Máis de 160 nenos e nenas participaron nesta recepción adaptada, na que cada un deles recibiu un agasallo e lambonadas, nun ambiente tranquilo, acolledor e pensado para que puidesen gozar da maxia dos Reis Magos sen ruídos nin présas.

O encontro estivo organizado polo Concello de Noia en colaboración coa asociación Barbantea e Alquinoia. Ademais, as familias puideron desfrutar dun chocolate con churros, cedidos pola cafetería Equs, que puxo o broche doce á mañá.

O concelleiro de eventos, Abel Pan, destacou a importancia deste tipo de iniciativas, sinalando que “estamos encantados de poder organizar unhas celebracións inclusivas, nas que todos os nenos e nenas poidan vivir a ilusión destas datas en igualdade de condicións”.

Desde a organización valoran moi positivamente o desenvolvemento da xornada, subliñando a elevada participación e a boa acollida por parte das familias, consolidando esta recepción como unha cita cada vez máis especial dentro das celebracións do Nadal en Noia.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.