A Deputación recibe máis de 330 solicitudes nas axudas de Política Social, que distribuirán 13,4 millóns

27 Xaneiro 2026

A Deputación da Coruña pechou o prazo das convocatorias de subvencións de concorrencia competitiva da área de Política Social para o exercicio 2026 cun balance de máis de 330 solicitudes presentadas por entidades sociais e concellos, cun orzamento global de 13,4 millóns de euros destinado a reforzar os servizos sociais, os coidados, o envellecemento activo e a atención comunitaria en toda a provincia.

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, destacou que “o elevado número de solicitudes confirma a importancia destas axudas para soster o traballo diario do tecido social e dos concellos, e demostra a necesidade de seguir fortalecendo os servizos sociais de proximidade, tanto municipais como das asociacións sociais que desenvolven un traballo fundamental para miles de persoas en situacións vulnerables”.

Axudas dirixidas a entidades sociais

As entidades sociais presentaron solicitudes a distintas liñas destinadas tanto ao funcionamento como ao investimento en infraestruturas, programas e recursos materiais, cun orzamento conxunto de arredor de 3,7 millóns de euros.

En concreto, destinaranse 900.000 euros ao apoio a centros e recursos de servizos sociais, que rexistraron 47 solicitudes. Outros 900.000 euros corresponden ás axudas para programas de servizos sociais e apoio comunitario, cun total de 69 solicitudes.

As axudas para investimentos, obras e melloras centros de entidades sociais, dotadas con 1 millón de euros, concentraron 76 solicitudes, cun incremento significativo respecto ao ano anterior. A adquisición de vehículos para entidades sociais, cun orzamento de 400.000 euros, recibiu 15 solicitudes.

Por último, as subvencións destinadas a programas sociosanitarios e de voluntariado, cunha dotación de 500.000 euros, contabilizaron 31 solicitudes, reflectindo a crecente importancia da colaboración social e do voluntariado no ámbito dos coidados.

Axudas dirixidas aos concellos

No caso dos concellos, o maior volume de recursos corresponde ás axudas para o mantemento e reforzo dos servizos sociais comunitarios, cunha dotación de 9,1 millóns de euros e un total de 81 solicitudes presentadas. Con cargo a esta partida, a Deputación financia cada ano case 400.000 horas de servizo de axuda no fogar e contrata a máis de 180 profesionais do ámbito social nos concellos.

As subvencións para a adquisición de vehículos destinados aos servizos sociais municipais, cun orzamento de 100.000 euros, recibiron este ano 20 solicitudes, mentres que as axudas para o desenvolvemento de programas municipais de envellecemento activo, dotadas con 511.000 euros, acadaron 68 solicitudes, cun incremento importante respecto ao exercicio anterior.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.