A Deputación colabora coa RAG financiando actividades para a difusión da lingua e a cultura

13 Xaneiro 2026

A Deputación da Coruña e a Real Academia Galega (RAG) asinaron este luns 12 de xaneiro un convenio de colaboración polo que a institución provincial concede unha subvención de 60.000 euros para o financiamento de diferentes actividades culturais. O acordo foi subscrito polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo.

A achega provincial supón o 80% dun orzamento total de 75.000 euros e permite sufragar iniciativas orientadas á promoción do galego, a difusión da cultura e a preservación do patrimonio inmaterial, con especial atención á proxección exterior de Galicia e á divulgación entre a mocidade.

Un dos eixes centrais do convenio é a XXXV edición dos cursos de verán de lingua e cultura galegas (cursos Galego sen fronteiras), unha iniciativa que a RAG organiza dende 1988 e que constitúe a principal acción de difusión internacional. Estes cursos, que se desenvolveron entre o 3 e o 24 de xullo do ano pasado, ofrecen formación lingüística en distintos niveis, xunto cunha visión plural da cultura galega a través de conferencias e actividades de coñecemento do territorio.

Ao longo destas máis de tres décadas participaron neles centos de estudantes e profesores universitarios de ducias de países dos cinco continentes, moitos dos cales continúan hoxe vinculados á docencia e á investigación en Galicia.

O acordo tamén inclúe a produción da serie documental Se canto é porque quero, creada con motivo das Letras Galegas, que estivo dedicado ás cantareiras e á poesía popular oral.

No ámbito divulgativo, o convenio dá continuidade ao proxecto Primavera das Letras, unha plataforma dixital da RAG dirixida á infancia, o profesorado e as familias que busca prolongar no tempo a celebración do Día das Letras Galegas.

Por último, o documento contempla a publicación de dous novos volumes da colección Terra Nomeada, dedicada ao estudo e divulgación da toponimia dos concellos galegos.

Trátase das obras Toponimia do concello de Zas, da autoría de Xosé María Lema Suárez, e Toponimia do concello de Carnota, asinada por Alfonso Blanco Quintela.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, incidiu en que este acordo “dá continuidade ao compromiso desta institución coa lingua e a cultura galega e coa preservación do nosos patrimonio”,

Pola súa banda, o presidente da RAG agredeceu o apoio da Deputación da Coruña “que fai posible levar adiante a promoción da nosa lingua e cultura entre colectivos tan estratéxicos como a infancia ou a mocidade e fomentar a súa proxección internacional”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.